Os cabazos en Cabana

Da mesma forma que os cruceiros, en Cabana de Bergantiños é moi habitual a presenza de hórreos galegos, denominados na zona como cabazos.
Son edificios de uso agrícola destinados a secar, curar e almacenar o millo antes de debullalo e moelo. Están constituídos por un habitáculo rectangular elevado do chan, para preservalo da humidade e dos ratos.


Normalmente están construídos con pedra ou con madeira. O tellado é de tella cerámica, que impide o acceso da chuvia.
Pénsase que o nome de "cabazo" ven da palabra latina capio, capere, empregado para denominar contenedores, obxectos de capacidade. Outras teorías din que ven de cabaza, froito que se deixaba secar nos tornarratos.
Outras designacións para os cabazos son hórreo, piorno ou paneira. Depende do lugar xeográfico.

A presenza dos cabazos (hórreos de planta rectangular) coincide cos límites da Galicia histórica, do antigo Reino de Galicia, xa que aparecen tanto nas terras galegas, como no norte de Portugal e no leste de asturias.

Na parte dianteira dos cabazos é habitual a presencia dunha cruz enriba do tellado. O material depende do material do cabazo; os de pedra teñen a cruz de pedra e os de madeira, de madeira.
Na parte oposta encontramos o pináculo, normalmente con forma de punta.
Algúns poden ter outro tipo de ornamentos.
A historia deste tipo de construccións é moi antiga, algúns historiadores sitúan o inicio na prehistoria.
Hoxe en día están protexidos pola Lei de Patrimonio de Galicia. Os donos non poden destruílos nin modificalos sen autorización, xa que hai moitos moi antigos que forman parte do patrimonio histórico de Galicia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario